Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2019

Nivel das augas

Imaxe
  O lugar da imaxe correspóndese a un exemplar de salgueiro que aparace tumbado sobre o regato e que permite comparar o nivel das augas en distintas épocas.Na primeira imaxe obsérvase como a auga flúe inundando por completo o leito. A imaxe é de outubro de 2019 e, a segunda, da primavera anterior, de maio de 2019. Neste último caso vemos como o nivel das augas era inferior.

Macroinvertebrados Outono 2019

Imaxe
Imaxe 1. Varias larvas de invertebrados Imaxe II. Odonatos Imaxe III. Tricópteros con estoxo As tres imaxes superiores ensinan os macroinvertebrados que atopou o alumnado durante a saída. Na primeira destacamos a presenza de pequenos  plecópteros de corpo esvelto, que presentan dous cercos na parte final do abdome, xa que son bioindicadores dunha boa calidade das augas. Na segunda temos odonatos, nas mostraxes adoitan aparecer sempre varios exemplares de distintas familias, como por exemplo, gómfidos. Na terceira imaxe observamos os característicos estoxos que asociamos cos tricópteros, en xeral este grupo de macroinvertebrados, como os plecópteros, indican unha boa calidade das augas.

Datos de parámetros químicos da saída de outono

Imaxe
Nas mostraxes de proxecto ríos adóitase anotar os valores de pH, nitratos e osíxeno disolto. Non obstante, os valores de osíxeno estaban a dar alterados nas últimas campañas e durante esta xa non se empregaron reactivos para facer esa medición. Os valores de nitratos indican 5 mg/l  e a cor dos reactivos do pH esta vez parece asemellarse a 6, lixeiramente ácido, quizais polas chuvias abundantes.