 |
Imaxe 1. Varias larvas de invertebrados |
 |
Imaxe II. Odonatos |
 |
Imaxe III. Tricópteros con estoxo |
As tres imaxes superiores ensinan os macroinvertebrados que atopou o alumnado durante a saída. Na primeira destacamos a presenza de pequenos plecópteros de corpo esvelto, que presentan dous cercos na parte final do abdome, xa que son bioindicadores dunha boa calidade das augas.
Na segunda temos odonatos, nas mostraxes adoitan aparecer sempre varios exemplares de distintas familias, como por exemplo, gómfidos.
Na terceira imaxe observamos os característicos estoxos que asociamos cos tricópteros, en xeral este grupo de macroinvertebrados, como os plecópteros, indican unha boa calidade das augas.
Comentarios
Publicar un comentario