A auga fluíndo no lugar da mostraxe: Paisaxe sonora

Este outono a auga baixa con forza no punto da mostraxe grazas as chuvias previas.

Nos anos 60 do século pasado o  compositor canadense Robert Murray Schafer creou o concepto de paisaxe sonora (á que  denomina "soundcape" en analoxía con "landscape"). Para describir esta paisaxe distingue varios criterios como o fondo, o sinal e a pegada sonora.

O fondo, "keynote", sería algo semellante á base da paisaxe, determinados ruídos e sons constantes aos que practicamente non prestamos atención (o vento, a auga, canto de paxaros...).
O sinal, "sound signal" , é o ruído, o son que destaca nese fondo, que percibimos como un primeiro plano e ao que prestamos unha atención consciente (por exemplo escoitar de súpeto o tanxer das campás)
A pegada sonora, "soundmark", é un ruído ou son característico dunha comunidade, ou que ten para nós un valor afectivo (para Schafer esta pegada é o toque de brétema das sereas no porto da súa cidade natal).

Sobre estas ideas básicas no lugar da mostraxe temos o son da auga correndo polo cauce, nun día de outono, o fondo é o son principal, non se aprecia sinal nen pegada. É un son relaxante e transmite calma e coenxión coa natureza.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Macroinvertebrados Outono 2019

Mostraxe outono 2020