Mostraxe outono 2020
O pasado día tres de novembro retomamos a mostraxe no río Deique. Nesta ocasión a salamántiga rabilonga deixouse ver novamente.
A salamántiga rabilonga (Chiogossa lusitanica) é unha especie endémica de anfibio que se localiza no noroeste peninsular. Este é un exemplar xuvenil, ten branquias externas a ambos lados da cabeza, e un tamaño apoximado de 4 cm, según Galán alcanzan 40-45 mm antes da metamorfose (enlace).
No noso tramo de río apareceu con frecuencia noutras mostraxes, non obstante, xa facía máis dun ano que non a observabamos.
Comentarios
Publicar un comentario