Publicacións

Mostraxe primavera 2022

Imaxe
Na saída desta mañá no río fixemos un traballo en equipo para recoller datos dos parámetros físico-químicos. Os valores están no mesmo rango que en mostraxes de pasadas edicións.  Por grupos de 4/5 persoas vanse recoller nun documento detalles das árbores e fentos característicos da sección do río monitorizada,empregando imaxes que foron tomadas hoxe. Ao ser primavera podemos ver o agromo das follas e observar, como neste exemplo o nacemento das follas compostas do freixo Tomáronse imaxes das mostras de macroinvertebrados, e traballaremos os datos nas seguintes sesións na aula.  Tamén vimos unha ra vermella e xuvenís de saramaganta. Obsérvase un aumento da erosión nas marxes dereita e esquerda das beiras do río pode que favorecida polas enchentes das épocas de chuvia.

Río Delque Mostraxe primavera 2022

 Xa estamos facendo os preparativos para unha nova mostraxe de primavera. Nesta ocasión visitaremos o río co alumnado da materia Bioloxía e Xeoloxía de 4º da ESO

Mostraxe outono 2020

Imaxe
 O pasado día tres de novembro retomamos a mostraxe no río Deique. Nesta ocasión a salamántiga rabilonga deixouse ver novamente. A salamántiga rabilonga (Chiogossa lusitanica) é unha especie endémica de anfibio que se localiza no noroeste peninsular. Este é un exemplar xuvenil, ten branquias externas a ambos lados da cabeza, e un tamaño apoximado de 4 cm, según Galán alcanzan 40-45 mm antes da metamorfose ( enlace ). No noso tramo de río  apareceu  con frecuencia noutras mostraxes, non obstante, xa facía máis dun ano que non  a observabamos.

Nivel das augas

Imaxe
  O lugar da imaxe correspóndese a un exemplar de salgueiro que aparace tumbado sobre o regato e que permite comparar o nivel das augas en distintas épocas.Na primeira imaxe obsérvase como a auga flúe inundando por completo o leito. A imaxe é de outubro de 2019 e, a segunda, da primavera anterior, de maio de 2019. Neste último caso vemos como o nivel das augas era inferior.

Macroinvertebrados Outono 2019

Imaxe
Imaxe 1. Varias larvas de invertebrados Imaxe II. Odonatos Imaxe III. Tricópteros con estoxo As tres imaxes superiores ensinan os macroinvertebrados que atopou o alumnado durante a saída. Na primeira destacamos a presenza de pequenos  plecópteros de corpo esvelto, que presentan dous cercos na parte final do abdome, xa que son bioindicadores dunha boa calidade das augas. Na segunda temos odonatos, nas mostraxes adoitan aparecer sempre varios exemplares de distintas familias, como por exemplo, gómfidos. Na terceira imaxe observamos os característicos estoxos que asociamos cos tricópteros, en xeral este grupo de macroinvertebrados, como os plecópteros, indican unha boa calidade das augas.

Datos de parámetros químicos da saída de outono

Imaxe
Nas mostraxes de proxecto ríos adóitase anotar os valores de pH, nitratos e osíxeno disolto. Non obstante, os valores de osíxeno estaban a dar alterados nas últimas campañas e durante esta xa non se empregaron reactivos para facer esa medición. Os valores de nitratos indican 5 mg/l  e a cor dos reactivos do pH esta vez parece asemellarse a 6, lixeiramente ácido, quizais polas chuvias abundantes.

A auga fluíndo no lugar da mostraxe: Paisaxe sonora

Imaxe
Este outono a auga baixa con forza no punto da mostraxe grazas as chuvias previas. Nos anos 60 do século pasado o  compositor canadense Robert Murray Schafer creou o concepto de paisaxe sonora (á que  denomina "soundcape" en analoxía con "landscape"). Para describir esta paisaxe distingue varios criterios como o fondo, o sinal e a pegada sonora. O fondo , "keynote", sería algo semellante á base da paisaxe, determinados ruídos e sons constantes aos que practicamente non prestamos atención (o vento, a auga, canto de paxaros...). O sinal , "sound signal" , é o ruído, o son que destaca nese fondo, que percibimos como un primeiro plano e ao que prestamos unha atención consciente (por exemplo escoitar de súpeto o tanxer das campás) A pegada sonora , "soundmark", é un ruído ou son característico dunha comunidade, ou que ten para nós un valor afectivo (para Schafer esta pegada é o toque de brétema das sereas no porto da súa cidade nata...