Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2019

A auga fluíndo no lugar da mostraxe: Paisaxe sonora

Imaxe
Este outono a auga baixa con forza no punto da mostraxe grazas as chuvias previas. Nos anos 60 do século pasado o  compositor canadense Robert Murray Schafer creou o concepto de paisaxe sonora (á que  denomina "soundcape" en analoxía con "landscape"). Para describir esta paisaxe distingue varios criterios como o fondo, o sinal e a pegada sonora. O fondo , "keynote", sería algo semellante á base da paisaxe, determinados ruídos e sons constantes aos que practicamente non prestamos atención (o vento, a auga, canto de paxaros...). O sinal , "sound signal" , é o ruído, o son que destaca nese fondo, que percibimos como un primeiro plano e ao que prestamos unha atención consciente (por exemplo escoitar de súpeto o tanxer das campás) A pegada sonora , "soundmark", é un ruído ou son característico dunha comunidade, ou que ten para nós un valor afectivo (para Schafer esta pegada é o toque de brétema das sereas no porto da súa cidade nata...

Mostraxe de outono 2019

Imaxe
O 21 de outubro de 2019 o alumnado de PMAR acompañado dos profesores visitamos novamente o río Deique para facer a mostraxe de outono. A chuvia respetou a saída nunha semana especialmente chuviosa e poidemos tomar os datos sen mollarnos. Durante o percorrido de 500 m de río monitoreados puidemos atopar algunha que outra ra do rego ( Rana iberica ). Para a súa observación polo grupo de estudantes foron depositadas nunha lupa de observación de pequenos animais, e devoltas ao seu entorno instantes máis tarde.No seguinte enlace tendes unhas estupendas explicacións para recoñecer a esta especie de ra parda e, ademais, diferenciala doutras especies de ra parda peninsulares. Fixádevos que ambas ras teñen distinto tamaño, pero, en calquera caso eran moi pequenas xa que a lupa ten uns 7 cm de diámetro. A nosa mostraxe sempre a facemos no mesmo tramo do río. Desde que o estamos visitando producíronse nese punto varias alteracións, a máis recente, na primaveira pasada, cun cambio na...

Inicio do blog

Este blog nace coa idea de incorporar as achegas das mostraxes feitas no río Deique, en Tui, no marco do Proxecto Ríos