Imaxe 1. Varias larvas de invertebrados Imaxe II. Odonatos Imaxe III. Tricópteros con estoxo As tres imaxes superiores ensinan os macroinvertebrados que atopou o alumnado durante a saída. Na primeira destacamos a presenza de pequenos plecópteros de corpo esvelto, que presentan dous cercos na parte final do abdome, xa que son bioindicadores dunha boa calidade das augas. Na segunda temos odonatos, nas mostraxes adoitan aparecer sempre varios exemplares de distintas familias, como por exemplo, gómfidos. Na terceira imaxe observamos os característicos estoxos que asociamos cos tricópteros, en xeral este grupo de macroinvertebrados, como os plecópteros, indican unha boa calidade das augas.
O pasado día tres de novembro retomamos a mostraxe no río Deique. Nesta ocasión a salamántiga rabilonga deixouse ver novamente. A salamántiga rabilonga (Chiogossa lusitanica) é unha especie endémica de anfibio que se localiza no noroeste peninsular. Este é un exemplar xuvenil, ten branquias externas a ambos lados da cabeza, e un tamaño apoximado de 4 cm, según Galán alcanzan 40-45 mm antes da metamorfose ( enlace ). No noso tramo de río apareceu con frecuencia noutras mostraxes, non obstante, xa facía máis dun ano que non a observabamos.
Este outono a auga baixa con forza no punto da mostraxe grazas as chuvias previas. Nos anos 60 do século pasado o compositor canadense Robert Murray Schafer creou o concepto de paisaxe sonora (á que denomina "soundcape" en analoxía con "landscape"). Para describir esta paisaxe distingue varios criterios como o fondo, o sinal e a pegada sonora. O fondo , "keynote", sería algo semellante á base da paisaxe, determinados ruídos e sons constantes aos que practicamente non prestamos atención (o vento, a auga, canto de paxaros...). O sinal , "sound signal" , é o ruído, o son que destaca nese fondo, que percibimos como un primeiro plano e ao que prestamos unha atención consciente (por exemplo escoitar de súpeto o tanxer das campás) A pegada sonora , "soundmark", é un ruído ou son característico dunha comunidade, ou que ten para nós un valor afectivo (para Schafer esta pegada é o toque de brétema das sereas no porto da súa cidade nata...
Comentarios
Publicar un comentario