Mostraxe de outono 2019
O 21 de outubro de 2019 o alumnado de PMAR acompañado dos profesores visitamos novamente o río Deique para facer a mostraxe de outono. A chuvia respetou a saída nunha semana especialmente chuviosa e poidemos tomar os datos sen mollarnos.
Durante o percorrido de 500 m de río monitoreados puidemos atopar algunha que outra ra do rego (Rana iberica). Para a súa observación polo grupo de estudantes foron depositadas nunha lupa de observación de pequenos animais, e devoltas ao seu entorno instantes máis tarde.No seguinte enlace tendes unhas estupendas explicacións para recoñecer a esta especie de ra parda e, ademais, diferenciala doutras especies de ra parda peninsulares.

Fixádevos que ambas ras teñen distinto tamaño, pero, en calquera caso eran moi pequenas xa que a lupa ten uns 7 cm de diámetro.
A nosa mostraxe sempre a facemos no mesmo tramo do río. Desde que o estamos visitando producíronse nese punto varias alteracións, a máis recente, na primaveira pasada, cun cambio na pedra de granito que fai de ponte sobre o curso de auga. Pódese observar como a coloración da pedra que atravesa o río e moito máis crara que as dúas nas que apoia, que levan no lugar máis tempo e xa empezan a escurecer pola meteorización a que se ven sometidas e xa están colonizadas por carrizas.
Comentarios
Publicar un comentario